Xurés 2026

Onde a Educación Social se encontra, se vive e se constrúe colectivamente.

Que é o Xurés 2026?

Un espazo único de encontro para profesionais, estudantes e docentes da Educación Social, que promove ao mesmo tempo a cultura e as tradicións do territorio local e a identidade rural.

Formación, natureza e participación conéctanse nunha convivencia onde a Educación Social se vive, se celebra e se constrúe en colectivo.

Que vas atopar no Xurés 2026

Un encontro aberto a persoas de distintos ámbitos e traxectorias, unidas polo interese común na Educación Social e na transformación social.

Formación

Conferencias, mesas redondas e experiencias prácticas sobre os retos actuais da acción socioeducativa.

Cultura

Propostas culturais que poñen en valor a tradición do noso rural.

Convivencia

Un espazo para coñecernos e tecer redes entre persoas comprometidas coa Educación Social.

Música

O festival Xurés Son, celebrado na mesma data, traeranos artistas galegas/os de diferentes estilos musicais.

Natureza

Coñecer o territorio, percorrer a súa paisaxe e vivir o entorno natural será parte da experiencia.

Diversión

Momentos lúdicos e actividades compartidas completan unha experiencia que vai máis alá do académico.

Entérate de todo!

Apúntate á canle de WhatsApp do Xurés 2026 e mantente ao día de todas as novidades!

Presenta a túa experiencia

Queres compartir a túa experiencia, proxecto ou achega de investigación no V Seminario Internacional de Educación Social – Xurés 2026? Aquí tes a oportunidade!
Presenta a túa comunicación ou experiencia práctica para formar parte dunha publicación colectiva titulada “Transferencia para a mellora da práctica socioeducativa”, e contribúe ao debate e ao intercambio de saberes na Educación Social.

Xerar e compartir coñecemento é fundamental mellorar a práctica e construír saber colectivo desde realidades diversas. Facelo no Xurés permitirache…

Dar visibilidade ao teu traballo e experiencia profesional

Optar á publicación nun ebook colectivo publicado polo CEESG

Formar parte dun espazo de reflexión crítica e intercambio

Entidades colaboradoras