Comunicacións e experiencias prácticas

"Transferencia para a mellora da práctica socioeducativa"

No marco do V Seminario Internacional de Educación Social, ábrese a convocatoria para a presentación de comunicacións académicas e experiencias prácticas vinculadas á Educación Social e á acción socioeducativa desde unha perspectiva crítica, inclusiva e transformadora.

O Seminario do Xurés constitúe un espazo de encontro, reflexión e diálogo arredor dos retos actuais da Educación Social nun contexto global e diverso, cunha clara aposta polos dereitos humanos, a inclusión, a xustiza social, o desenvolvemento comunitario e as miradas QUEER centradas na participación e na diversidade.

Modalidades de participación

Experiencias prácticas

Dirixidas a profesionais e colectivos que desexen compartir intervencións, proxectos ou prácticas socioeducativas desenvolvidas en diferentes contextos. Valorarase especialmente o seu carácter innovador, comunitario e transferible a outras realidades.

Comunicacións

Espazo destinado á presentación de achegas de carácter académico, investigador ou teórico-práctico, que favorezan a análise crítica e o intercambio de coñecemento desde distintas disciplinas, territorios e enfoques.

PRAZO ATA O 31 DE MARZO

PRAZO DO 4 DE MAIO AO 20 DE XULLO

Publicación das experiencias e comunicacións

As comunicacións e experiencias seleccionadas poderán ser incluídas nun libro colectivo editado polo CEESG, baixo o título:

“Transferencia para a mellora da práctica socioeducativa”

Esta publicación ten como obxectivo fortalecer a transferencia de coñecemento e contribuír á mellora das prácticas profesionais no ámbito da Educación Social.

Animámosvos a participar activamente e a contribuír coa vosa experiencia, reflexión e compromiso á construción colectiva de saberes e ao fortalecemento da Educación Social.

Tes algo que contar?

Aproveita o espazo e a oportunidade que che ofrece o V Seminario Internacional de Educación Social.

Latest News

Maecenas interdum lorem eleifend orci aliquam mollis aliquam non rhoncus magna suspendisse aliquet tincidunt enim.